viernes, 7 de marzo de 2014

Entrevista ao avó

José Outeiral Naveiro, naceu un 21 de febreiro de 1930, un tempo no que as cousas eran ben distintas. Actualmente está retirado, pero foi dono dunha imprenta, na que agora traballan os seus fillos, sen contar outros oficios como mecánico dun barco (o Vapor).
Velaquí a nosa entrevista:




    Recaudación das festas do Divino Nazareno




    A imprenta de José, do ano 63.


"ERAN TEMPOS MOI DIFÍCILES, PERO MOI BONITOS"
Na Pobra, coma en todos os pobos pequenos as comunicacións eran pouco usuais e non se ía moi a míudo ás grandes cidades.
O avó de Rosa dicía ao comezar que non había coches (de feito pasaban só dous automóbiles de línea e o barco o Vapor) e en avión viaxou nos 60. Afirmaba tamén que a electricidade non a había nas casas e só se usaba para a radio.
Había poucos teléfonos e as chamadas non eran automáticas, se conectaban en centralitas. Como é de supoñer, non había móbiles.
O único lixo que se producía era orgánico e normalmente se utilizaba en leiras como abono, o que indica que non había moita enerxía para producir plástico e outros produtos inorgánicos.
A pesar de todo isto A Pobra era unha vila privilexiada a nivel nacional enerxéticamente, debido a, como dicía José, foi un dos primeiros lugares en España que contou con electricidade.
Isto era un "logro" para A Pobra daquela época, aínda que nós non lle damos importancia, facendo un uso da enerxía irresponsable e insostible, e temos que aprender a controlalo.

"Eran tempos moi difíciles, pero moi bonitos" dicía José. E é que, a clave da felicidade, é ter todo ou ser feliz con pouco, como antes?

miércoles, 29 de enero de 2014

AS CONSECUENCIAS DO USO ACTUAL DOS RECURSOS ENERXÉTICOS


Grazas á enerxía a sociedade tivo a posibilidade de avanzar social e economicamente, pero na actualidade o consumo de enerxía aumentou de xeito considerable, debido ao aumento demográfico e as nosas necesidades actuais, e isto leva a un consumo enerxético insostible.
O consumo excesivo da enerxía (que abastece aos países desenvolvidos), trae as seguintes consecuencias:
-Esgotamento das enerxías non renovables.
-Desigualdade enerxética.
-Impacto no medio ambiente.
-Cambio climático.

1.    ESGOTAMENTO DAS ENERXÍAS NON RENOVABLES.
A gran parte da enerxía que empregamos e consumimos son enerxías non renovables, é dicir, que se encontran de xeito limitado e se consumen máis rápido do que se xeran. Estas son de orixe fósil, que se transforman en carbón, petróleo ou gas natural, e teñen un proceso de formación de millóns de anos, polo que se acabarán esgotando. O mundo é moi dependente destas enerxías, o que implicará que cando se vaian esgotando o prezo destas dispararase e non serán rentables.
Só un 9% da enerxía consumida en España é renovable. Unha das súas características é máis limpa, polo que practicamente só contamina na fabricación dos xeradores.
Temos que decatarnos de que estamos privando ás xeracións vindeiras da materia prima tan valiosa, para facer avances máis importantes, e á vez, destruíndo cos contaminantes que liberamos ao producir combustible, o planeta.
 
unidades.climantica.org

2.    DESIGUALDADE ENERXÉTICA.

A enerxía ten un peso importantísimo na nosa vida diaria chegando a ser unha necesidade básica, estamos tan acostumados a utilizala para case todo, ata para escribir este texto. Non nos decatamos do que temos e que hai países nos que non posúen tanto porque como sucede en case todo hai unha parte económica que fai que o reparto enerxético sexa desigual, tendo máis acceso a ela, normalmente nos países cun pib superior. Podemos falar do protocolo de Kioto como exemplo de problemas enerxéticos. No 2012 todos os países tiñan que reducir o seu consumo enerxético e emisión de gases invernadoiro nun 5 por cento pero por culpa disto xorden dous problemas. O primeiro que aínda que se chegara a cumprir as metas esperadas non se conseguiría vencer o quecemento global. O segundo e que non se cumpren xa que se pode xogar coa compra de emisións, polo que está ben claro que mentres haxa interese económicos por medio non se solucionará nin a contaminación nin a desigualdade enerxética.
genteecologica.blogspot.com


3.IMPACTO NO MEDIO AMBIENTE.
Co paso do tempo as necesidades dos seres humanos foron cambiando e aumentando, e con elas o uso de enerxía ata converterse nun consumo irresponsable.
Un exemplo é a contaminación luminosa, provocada por un uso excesivo da luz eléctrica, que hoxe en día, podemos dicir que é unha necesidade, pero o seu continuo uso pode causar graves impactos, sobre o medio ambiente. Hai moitas especies de aves e insectos que están en perigo, debido a que as aves que migran vense atraídas pola luz, por esa razón acaban desorientándose e morrendo.
O consumo actual da luz eléctrica, non só produce impacto no medio ambiente, tamén sobre nós, podendo chegar  a causar dores.
Para xerar a enerxía necesaria para toda a poboación, utilízanse principalmente fontes de enerxía non renovables, os combustibles fósiles, pero na súa produción en centrais térmicas, centrais nucleares,… prodúcese unha gran cantidade de residuos como compostos tóxicos que se expulsan a atmosfera, e contribúen ao cambio climático, ou os residuos radioactivos, que poden causar grandes problemas se non son eliminados de xeito controlado.
O CO2 é o principal gas de efecto invernadoiro, estes procesos para xerar enerxía emiten este gas, isto trae terribles consecuencias. Por esa razón en 1997 firmouse o protocolo de Kioto, no que varios países se comprometeron a reducir a súa produción de CO2. Pero algún país como por exemplo España, supera os límites establecidos nese protocolo. Tamén hai que dicir que afortunadamente existen algúns que reduciron a emisión deses gases.
Debido ao grave impacto que o ser humano causa sobre o medio ambiente, arredor do século XX, comezouse a producir enerxía, procedente de fontes renovables e mediante procesos menos contaminantes, polo que son coñecidas como enerxías “limpas e verdes”.
Pero estas enerxías non son completamente ecolóxicas, polo que poderíamos pensar que tamén son prexudiciais para o medio ambiente, e se é así, porque se utilizan?
Estas enerxías aínda que non o pareza producen un impacto no medio ambiente, pero é menor que as non renovables e ademais a maior parte delas non necesitan tanto mantemento, polo que teñen menos gasto económico. Pero a maior parte da xente non coñece que tamén teñen aspectos negativos.
Todas as centrais que producen enerxía a través de fontes renovables teñen vantaxes, pero tamén teñen unha serie de inconvenientes:
-A construción destas centrais necesita unha gran extensión de terreo que queda inutilizado para calquera outro uso, e iso fai que se destrúan ou se alteren ecosistemas e se reduza a biodiversidade.
-Algúns dos paneis solares está feitos cun gas, o NF3, que contribúe ao quecemento global, incluso máis que o dióxido de carbono.
-Algunhas das centrais de enerxía renovable producen un impacto acústico, por exemplo os aeroxeradores que producen un forte son, que pode chegar a ser o causante de fortes dores de cabeza ou estrés.
- Tamén producen un impacto visual, como os aeroxeradores ou as centrais hidráulicas.
-Os aeroxeradores poden poñer en perigo aos animais voadores.
-Non só iso senón que algunhas non son tan eficientes, como os combustibles fósiles, xa que dependen de factores meteorolóxicos, as hidráulicas, as solares e as eólicas.
 plantamer.blogspot.com


4. AS CONSECUENCIAS DO CAMBIO CLIMÁTICO.
O cambio climático é o cambio estable do clima, que pode suceder nunha zona concreta ou en toda a Terra, e ocorre durante un tempo, que pode variar entre varios anos, miles de anos ou millóns de anos, isto afecta ao medio.
ecologiaverde.com
Hai varios anos os científicos comezaron a alertar sobre o aumento da temperatura media do noso planeta e o aumento da emisión de gases que contribúen ao efecto invernadoiro, e polo tanto ao cambio climático.
O home é o culpable desta situación, debido principalmente a explotación inadecuada dos recursos enerxéticos, que produce un consumo insostible.
Na actualidade, existen asociación que intentan advertirnos dos graves impactos que estamos causando no medio ambiente, entre elas atópase Greenpeace, que ten como obxectivo, facer que se reduza a emisión de CO2. Se esta emisión non se reduce os problemas serán maiores e máis graves.

O clima do noso planeta sempre sufriu cambios, pero actualmente,  estase percibindo que está cambiando excesivamente nas últimas décadas.
Isto acarrexa unha serie de consecuencias debastadoras para o futuro da Terra ,  e o principal responsable é o sector enerxético.
Estas son as principais consecuencias:
1. O aumento da temperatura terrestre é a principal causa. A tendencia ao quecemento global nos últimos 50 anos foi de 0.13ºC.
2. Aumento do nivel e da temperatura do mar: Dende 1961, o nivel medio de aumento do mar é de 1,8mm/ano, e pon en perigo a cidades que se atopan en lugares costeiros.
3. Grandes cambios na temperatura media , pois o Ártico está diminuíndo en gran escala(5.3 millóns de kilómetros menos ca en 1979), o que provocará á súa vez fortes oleaxes, inundacións , sequías e os chamados “refuxiados climáticos”.
4. Perigo de extinción de variedade de especies: Ata un 30% de especies vexetais e animais poderían desaparecer nos vindeiros anos se segue ascendendo.
5. Impactos sobre a saúde humana: Haberá máis falecementos , persoas enfermas e malnutridas debido a cambios meteorolóxicos.
6. Desastres económicos, pois afecta á agricultura e á gandaría ralentizando o traballo en outros sectores económicos.
rinconesdelatlantico.com    
climaticocambio.com

sábado, 30 de noviembre de 2013

A ENERXÍA QUE NOS MOVE... CARA ONDE?


      CONSUMO DA ENERXÍA Ó LONGO DA HISTORIA

O home sempre utilizou fontes de enerxía, para traballar e dominar a natureza. Pero esas fontes de enerxía foron cambiando e evolucionando ao longo da historia, xa que as civilizacións comezaron a desenvolverse, polo tanto a tecnoloxía foi avanzando.

Podemos dividir en varias etapas diferentes o uso da enerxía ao longo da historia. Ao principio o ser humano só utilizaba a enerxía para alimentarse, co paso do tempo aumentase o seu uso, e na época das primeiras sociedades industrias utilízase o carbón mineral para a industria e o transporte, e iso provoca que o uso de enerxía se duplique. 

 

                                                  A enerxía na Prehistoria.

 
Fai uns 350.000 anos a xente dividíase en pequenos poboados nomadas, e iso era debido a que a súa única fonte de enerxía era a caza e recolección, entón trasladábanse en busca de recursos. Polo que o seu consumo de enerxía non producía ningún impacto sobre o medio ambiente, nin positivo, nin negativo.

Pero… como vai pasar ao longo do resto da historia o home vai mudando as súas necesidades e nace o Homo sapiens e con el os novos artiluxios de caza que levaran así a un gasto de enerxía que xa empeza a repercutir no planeta Terra. Hai que recordar tamén o recurso enerxético clave que vai utilizar o home , o LUME. Fai miles de anos o home descubriuno, un dos descubrimentos máis importantes da historia da humanidade. Ao principio o ser humano non era capaz de controlalo, fai aproximadamente 400.000 anos comeza a usalo conscientemente, pero non pode producir lume ata fai uns 100.000 anos. Este descubrimento produce cambios na súa dieta, xa que poden cociñar os alimentos, tamén o utilizan para iluminar ou para quentarse.

                                                                             pastwomen.uab.cab



Fai 10.000 aparece a agricultura e gandaría, polo que pasan dunha economía depredadora a unha economía produtiva. Debido a este cambio, prodúcense unha serie de consecuencias:


-O cambio tecnolóxico: Comezan a crear novos instrumentos e pasase de usar pedra ou a madeira a utilizar metais como o cobre , o bronce ou o ferro.

-Paso do nomadismo ao sedentarismo: Nesta época aparecen os primeiros poboados sedentarios.

-Por primeira vez na historia hai excedente: O que quere dicir que producen máis do que poden consumir.

-Clases sociais  e riqueza.

-División do traballo.

-Clases dirixentes.

-Primeira revolución demográfica:
A primeira revolución demográfica poducese cando hai excedente , para poder alimentar a máis  xente. Ademais de que o pobo se volve sedentario e hai un traballo e un lugar fixo para criar aos nenos.
 
 A enerxía na Antigüidade
Na Antigüidade a poboación aumenta o seu consumo de enerxía, e utilizaban fundamentalmente tres fontes de enerxía:
                                                         
-Carbón vexetal e madeira: Unha das consecuencias máis importantes son as primeiras deforestacións en masa.
 
-A man de obra escrava: Un gran invento da época foi o muíño para moelo trigo … pero case non se utilizaba, xa que tiñan escravos, que facían o seu traballo.
-Animal: O seu uso incrementa a produtividade do home. Porcos, ovellas, cabras, cans, cabalos, asnos e burros son algún exemplos de animais que axudaban na agricultura da época.
 
 
                                                    A enerxía na Idade Media


Durante a Idade Media as actividades económicas comezaron a ruralizarse e a economía era cada vez máis atrasada que na época dos romanos. Nesta época os bosques ocupan unha gran extensión de terreo, ata o século XI, no que empeza a época das roturacións.
Nesta época, debido ao frío a xente utilizaba sistemas de calefacción moi pouco eficaces e ademais necesitaban carbón vexetal ou madeira, o que aumenta a deforestación. A luz tamén era un impedimento xa que non se podía utilizar de noite por medo a accidentes como un incendio, etc.
 
Nos séculos XII e XIII produciuse unha revolución agrícola e demográfica. O gran aumento da poboación é causa e consecuencia do desenvolvemento económico:
 
_Foi causa debido a que se hai máis man de obra , había división do traballo e máis postos de traballo.
_Foi consecuencia porque o crecemento de poboación non sería efectivo se non se deran unhas condición de crecemento económico.
Este aumento da poboación non foi grazas aos avances tecnolóxicos, xa que a enerxía era producida principalmente pola man de obra, tanto de homes como de animais. A partir da revolución tecnolóxica houbo varias melloras na utilización da forza animal, o xugo frontal nos bois, o colar ríxido nos cabalos, o estribo, o aparello en hilera ou atelaxe, a ferraxe para protexer os cascos, etc
A revolución tecnolóxica a partir do s.V Aumenta entre  outras cousas a potencia do cabalo, nun 500% ata un 1000% se ían acompañados dun vehículo de aí o nome cabalos aos vehículos a motor.
Aínda que o nivel tecnolóxico non era moi bo, durante a Idade Media producíronse importantes melloras como por exemplo:
 
-O arado de rodas ou de vertedeira: Un novo tipo de arado que diferencia a tecnoloxía romana da da Idade Media.
-O muíño: Permitía aforrar enerxía e traballo e podían ser de dous tipos.
 
 
 
                                               es.dreamstime.com 
 

-O muíño de auga: Que xa fora creado no século II a.c, pero non se comezou a usar ata esta época.

-O muíño de vento: Comezouse a utilizar aproximadamente no século XII, este invento permitía moer cereal nas zonas sen auga.

-O tear


-O torno de fiar
 
Na Idade Media o material máis utilizado e máis caro era a madeira, utilizábase como combustible e material de construcción, polo que se producían grandes deforestacións, como consecuencia diso a partir do século XIII comezaron a tomar medidas para regular a tala, para protexer especies, etc.
 

O carbón é un  material que se utiliza como substituto  da madeira, no Mediterráneo non era habitual pero había lugares como Escocia nas que si, e iso empezou a producir unha gran contaminación atmosférica.

Outro material que se empezou a utilizar con máis frecuencia foi o ferro, para fabricar este material era necesaria unha gran cantidade de madeira, polo que a deforestación aumentou moito máis, contribuíndo a contaminación do medio ambiente.
 

Outro descubrimento importante desta época e a pólvora, xa que debido a ela produciuse a caída do Imperio Bizantino e polo tanto o comezo dunha nova época, a Idade Moderna.

Durante a Idade Moderna, Europa comeza a coñecer mundo, xa que se desenvolveron unhas enormes flotas tanto comerciais como de guerra. Pero para a construción desta gran cantidade de barcos era necesaria a madeira e o ferro.

 

Outro descubrimento importante desta época e a pólvora, xa que debido a ela produciuse a caída do Imperio Romano e polo tanto o comezo dunha nova época, a Idade Moderna.

Durante a Idade Moderna, Europa comeza a coñecer mundo, xa que se desenvolveron unhas enormes flotas tanto comerciais como de guerra. Pero para a construción desta gran cantidade de barcos era necesaria a madeira e o ferro.

 

Sobre uso de enerxía podemos dicir que non só se aumentou o seu consumo con respecto a Prehistoria e a Idade Antiga, tamén o fixo a contaminación. Todo isto é debido aos descubrimentos e avances producidos durante a Idade Media e a Idade Moderna, xa que unha das súas consecuencias principais foi a deforestación. Polo que o home xa producía graves impactos sobre o medio ambiente, pero por desgraza esta contaminación non parou e seguiu aumentando.
                                                               mexico.cnn.com 
 
 
 
 
                                    Enerxía e Revolución industrial
 
Co comezo da Revolución Industrial, pásase de utilizar fontes de enerxía como a madeira, a auga o vento ou a enerxía dos animais, a usar outro tipo de fontes que son o carbón, o petróleo e o gas natural.
 
Ao analizar a enerxía na historia pódense sacar 3 conclusións :
a)      O desenrolo material ten que ver co da historia da enerxía: Canto máis nos movemos cronoloxicamente ao longo da historia o ser humano ten a imperiosa necesidade de evolucionar as súas máquinas, para conseguir máis traballo útil.
b)      Nos últimos 200 anos  o ser humano efectuou máis descubrimentos e invencións que durante milenios, xa que calquera achego científico leva a outro, xa que nos últimos 200 anos o goberno dá máis liberdades aos científicos.
c)      O ser humano ten unha gran capacidade para inventar.
 
 
                                        Enerxía e poboación.
 
Xa no ano 1999 se alcanzaron os 6.000 millón de habitantes, e segundo o último estudo realizado polas Nacións Unidas, a previsión de futuro é que para o ano 2100 a poboación poda crecer ata uns aproximadamente 10.000 millóns de habitantes. Isto como pode influír na transición demográfica? Influirá negativamente?
 
Se observásemos as características da vida de dúas familias totalmente diferentes, unha dun país pobre e a outra dun país rico. Poderíamos dicir que a natalidade, depende de moitos factores, culturais, económicos, políticos e tecnolóxicos, pero tamén está relacionada directamente coa enerxía, xa que ten moita influencia na evolución demográfica.
 
 
                                  CAMBIO CLIMÁTICO


Fai moitos anos, a madeira era a base da enerxía agora usamos máis o carbón, xa que a madeira prende antes pero consómese máis rápido do que se consome o carbón.
 Os combustibles fósiles entran dentro da clasificación dos recursos non renovables. O nome de “combustibles fósiles” fai referencia a que son o resultado da evolución dos residuos de materia orgánica de diferente orixe.
 Outro tipo de enerxía non renovable é a enerxía nuclear que proporciona o 16% da electricidade do mundo, o 6 % da enerxía primaria comercial e tamén o 3% da enerxía final do mundo, que é moito menor que a contribución hidráulica. Desde que apareceu o ser humano na Terra a enerxía era necesaria para vivir no medio.
Actualmente, o clima do noso planeta está cambiando cunha tendencia cara o quecemento  Global. As principais causas son o cambio da maquinaria e nas fontes de enerxía:
 
- Cantos mais recursos enerxéticos, máis grande era o numero da especie, iso fixo diminuír as fontes das que obtiña recursos.
 - Pasase a utilizar enerxía eólica e  hidráulica a enerxía fósil.
 - Prodúcese un crecemento económico e industrial, pero tamén demográfico ( a poboación aumenta e consómense  máis enerxía; levando a cabo un aumento esaxerado do consumo enerxético).
 - Prodúcese unha gran emisión de gases efecto invernadoiro como o CO2.
Isto trae consecuencias catastróficas:

            -Cambio nas paisaxes.
            - Aumento das secas.
 -Riscos de incendios.
-Aumento da erosión.
-Inundacións.
-Aumento da temperatura da auga do mar.
            -Desxeo e subida do nivel do mar.
 
            -Refuxiados do cambio climático...
 
vistaalmar.es
 
 
Hoxe en día utilizamos a enerxía para todo, para movernos nun medio de transporte, usamos enerxía, a maior parte da enerxía que consumimos, non é nosa, procede doutras partes do mundo. A experiencia dos países industriais demostran que os cidadáns ao ter máis enerxía ao noso alcance, somos máis egoístas no seu consumo.
 
          A REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

No século XVIII chega a Europa un período de cambio económico, a revolución industrial, baseada na industria e o control da burguesía. Ten a súa orixe en Inglaterra, e produciría cambios na demografía (dispárase a poboación), as clases sociais (a burguesía adquire moitísimo poder), mentalidade, costumes…

 
imaxe: eumed.net


 

 
Se descubriron novas materias primas para utilizar en máquinas e outros descubrimentos tecnolóxicos:
 
-O carbón é a fonte de enerxía da máquina de vapor, que se aplicou a transportes (como o ferrocarril ou o barco a vapor) e a maquinaria. Os transportes causaron gran furor, e dan lugar á revolución dos transportes.


-Algodón, desenvolve a industria téxtil.


- Ferro, desenvolve á industria litúrxica.
 
imaxe: librosvivos.net
 
 
A revolución industrial creou un novo modelo de vida na sociedade europea.
A principal consecuencia demográfica é o enorme incremento da poboación polos seguintes factores:
 
 
 
 
• Caída da mortalidade e da mortalidade infantil: mellora na alimentación, mellora na hixiene e desenvolvemento da menciña, construción de hospitais, descubrimento da vacina contra a viruela ou a quinina.
• Elevada taxa de natalidade.

• Aumenta a esperanza de vida

Pero a pesar destas melloras, a sociedade española estaba vivindo nunha época rural, de atraso industrial, a súa economía estaba baseada aínda na agricultura. Razóns?:

 
1. Falta de demanda de produtos industriais:
 Malas comunicacións.


 Agricultura moi atrasada.


 Falta de capital para adquirir produtos.
 
2. Situación da industria española:
Talleres artesanais.


Enorme dispersión da produción (cada zona se especializa segundo os seus recursos).


No existía un mercado nacional.
3. Enormes contrastes entre rexións:
Interior pouco desenvolvido.


Zonas periféricas máis desenvolvidas, especialmente no País Vasco y Cataluña.


Cataluña empeza a industrializarse grazas ao sector téxtil.
 
 
 
 

 
OS TRANSPORTES AO LONGO DA HISTORIA
Os medios de transporte son os diferentes sistemas ou maneiras de desprazar determinado contido dun lugar a outro. Hai tres tipos: terrestres, aéreos e acuáticos.
Estes, evolucionaron moito durante os últimos anos. Os homes ían andando por si mesmos, pero querían desprazarse máis lonxe e máis rápido, e puxéronse a inventar.
O primeiro medio de transporte foron os animais (mulas, camelos, cabalos …), que non supoñían gasto enerxético, pero tras enxeñar un pouco inventouse o primeiro automóbil.
Os primeiros vehículos eran os trineos de madeira utilizados por tribus de todo o mundo; posteriormente produciuse o invento da roda un dos máis marabillosos da historia. A partir deste, desenvolvéronse todo tipo de transportes terrestres pero case todos moi parecidos (monociclos biciclos, triciclos...).
O carromato (carro a vapor) inventado por Nicolas-Joseph Cugnot, no ano 1769.


 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 

Anos despois da construción do carromato o norteamericano Oliver Evans construíu un coche de vapor que non se logrou impoñer Richard Trevithick, entusiasmouse coa idea deste vehículo e en 1804 rematou o seu primeiro coche grande a vapor, unha enorme caixa de ferro sobre rodas cunha enorme cheminea no centro e arredor desta había varios asentos. Colocou a súa máquina sobre raíles e recorreu 9,5 millas en 4h e 5min, e esta foi a primeira locomotora. Anos máis tarde fabricouse a segunda pero non tivo tanto éxito. Logo, inventouse o primeiro monorraíl construíuse en Irlanda, 1889.
As bicicletas montáronse anos atrás de distintos tipos e formas.
As primeiras bicicletas fomentáronse en París en 1790, máis tarde en 1813 un alemán chamado Karl Christian Ludwing Drais von Sucerdon inventou o vehículo dunha soa vía que chamou máquina andante, o inventor colocou resortes baixo o sillín e despois creou o manillar. Máis ou menos, dez anos despois outro alemán, Philipp Heinrich Fischar colocou pedais na roda dianteira.
Os primeiros transportes acuáticos foron balsas, ata que se inventou un tronco cun oco, un barco. Os primeiros barcos eran romanos, estes posuían velas e remos. Pero ao longo do tempo foron evolucionando e actualmente temos barcos ...barcos de todo tipo de materiais dende de xuncos e canas, ata peles de animais, plástico, vidro …

O primeiro transporte aéreo creouno Lilienthal,, inspirouse nos paxaros e creou un planeador cunha liña aerodinámica. Tamén se considera a Leonardo DaVinci percusor da creación de aeronaves. Os irmáns Wright lograron realizar seu primeiro vo en 1903, pero empregaron unha catapulta para despegar.
Todos estes avances non só fixeron a nosa vida máis cómoda, senón que tamén provocaron un aumento no consumo de enerxía, e isto prexudica o medio ambiente, dando lugar a unha serie de consecuencias catastróficas e irreversibles.
 
Autores: Inés González, Samuel González, Rosa Pérez, Alejandra Ríos, Miriam Sobrido, Iván Tubío.